sábado, 13 de junio de 2015

ano novo chinés

Coa axuda de ARi e da sua mama Lili este ano celebramos o ano nov chinés, Lili naceu na China e coñece todo de ali e Ari, a nosa compañeira tamen sabe moitas cousas porque viaxa coa súa familia todos os anos ata China. Con Ari xa viaxamos a través da pizarra dixital a China e vimos as murallas,as pagodas,os kimonos.... Cando estabamos celebrando o Entroido nos dixeron que estaba a punto de empezar o ano novo chino e a nos pareceunos moi raro porque nos tomamos as uvas o mes pasado entón as profes pedironlle a Lili que viñera a contarnos cousas sobre a China e o ano novo. Cando llo contamos os compañeiros das outras aulas quixeron apuntarse a nosa festa os nenos de Cabreira e de Vesada. Celebrámolo o día 20 de febrerio, un dia despois do que se celebrou alá, viñemos todos vestidos de vermello e as profes decoraron toda a escola con globos,banderines, manteis e platos vermellos porque alí e típico e trae boa sorte vestirse de vermello. Aprendemos a empregar tinta china e pinceis e a escribir "felicidad" con caracteres infantiles porque tamen aprendemos que teñen un tipo de letra para os nenos e outra para os maiores. Vimos un video no que aparecian os costumes dese día e doutros moitos e nos decatamos que ainda que esten lonxe son moi parecidos a nós xa que nas festas o importante e COMER,a que vos sona???? Tamen aprendemos unha canción para felicitar que decía algo así como "Consi,consi". Como resumo deste día podedes ver o video con algunha das cousiñas que fixemos

No hay comentarios:

Publicar un comentario